Confluencias
Que é
Confluencias
O festival está baseado na confluencia de tres conceptos principais que dan sentido ó proxecto: a música, as culturas e os valores.
MÚSICA
Confluencias é un lugar de unión entre artistas, alumnado e docentes. O festival funciona tamén coma un sitio de aprendizaxe entre profesionais e unha experiencia educativa e formativa para os máis novos. Todo isto aparte do público xeral que tamén ven ao evento a desfrutar dos concertos.
CULTURAS
Nesta segunda edición do Festival, conflúen distintas visións do panorama ibérico, do Atlántico ao Mediterráneo, das urbes aos pobos, nun punto de encontro, Valga, que vai ser durante dous días, coma noutras ocasións, a capital musical de Galicia.
VALORES
Todo produto cultural ten de fondo uns valores que transmitir. Confluencias fala especialmente de sostibilidade, de ser respectuosos co medio ambiente grazas a celebrar os concertos nun espazo público.
Isto conflúe coa idea que transmite o propio nome, a de ser flexibles cos outros. A empatía, a tolerancia e o respecto mutuo son algúns dos valores que o festival leva por bandeira.
confluencias