Festival
Confluencias
cartel
Ensemble do CSM Galicia
Abraham Cupeiro
+ Orquestra Clásica GALEGA
Bakin Blues Band
Abe Rábade
+ Banda de Valga
Antía Muíño
Déixaas
… e moitos máis!
Edición 2022
1 de xullo
Santiago de Compostela
2 de xullo
Santiago de Compostela
3 de xullo
Santiago de Compostela
A mestura de músicas, a localidade excepcional na que naceu este concepto, que une dous Camiños Xacobeos e o orgullo de levar importantes valores por bandeira son as grandes características que fan do festival Confluencias un evento de nivel. Unha serie de concertos que naceron coa idea de promover a industria cultural galega gracias aos seus promotores, o Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia) e a Asociación Musival. Baixo un lema que aglutina estas ideas –Festival internacional de música e sostibilidade nos camiños-, unha nova edición desta cita celebrarase en Santiago de Compostela os días 1, 2 e 3 de xullo de 2022.
Despois do éxito da primeira edición na que contou con nomes como a banda de jazz de Alfonso Calvo Septet e Abe Rábade Trío, ademais dun gran peche coa actuación da Banda Municipal de Valga, a cita deste 2022 non vai quedar atrás. O evento ten vocación de asentarse dentro dos festivais galegos e acadar para os nosos músicos aínda máis visibilidade dentro do eido cultural no que xa están consolidados.
GGrupos
1 de xullo
Arranca o Festival Confluencias no seu día adicado á música clásica.
Ensemble do CSM Galicia
Os artistas do Centro Superior de Música de Galicia participarán na segunda edición do Festival Confluencias interpretando “L’arlesienne” de Bizet, “Totentanz” de Liszt e “Tambor de Granaderos” de Chapí.
Abraham Cupeiro + orquestra clásica Galega
Coleccionista de máis de 200 instrumentos de todas as épocas, Abraham recupéraos e constrúeos e interpreta con eles desde a música da súa época ata a de hoxe en día. Todos eses sons mesturados cos de formacións modernas. Neste concerto coa Banda de Valga as sorpresas están garantidas.
GGrupos
2 de xullo
No corazón do Festival Confluencias, a xornada adicada á música moderna.
Bakin Blues Band
Comezou a súa andaina como formación de blues no 2008. Integrada por catro músicos galegos de reputado prestixio, conta cunha longa tradición na interpretación de música negra e indubidable presenza en diversas formacións do panorama musical galego desde principios dos noventa. O poderío desta formación está na potencia dos seus directos, que recolleu unha intensa e duradeira acollida do público e fans que desfrutan escoitando esta enérxica mestura de blues de Chicago, soul e boogie-boogie que a Bakin Blues Band ofrece nos seus shows.
Abe Rábade + Banda de Valga
Sen dúbida, un dos pianistas galegos máis internacionais, Abe Rábade é un impulsor incansable do diálogo entre xéneros musicais e disciplinas artísticas. Leva 14 álbums de Jazz como líder, estreou dúas composicións sinfónicas e máis de 200 nos estilos Jazz, Clásico e Músicas de Raíz. Actúa con numerosas figuras de reconocido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo e nesta ocasión presentará unha das súas últimas obras, “A Travesía do Meigo” para frauta, piano e banda sinfónica xunto coa coñecida Banda de Valga.
GGrupos
3 de xullo
Pechamos o Festival Confluencias con música da terra.
Antía Muíño
A cantautora galega afincada en Donostia, tras anos de militar en diferentes proxectos que oscilan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, firma co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero agora a soas coa súa guitarra. Herdanza da canción acústica, espida e descarnada. A súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk-pop occidental, tan preta do río Miño como das orillas do Mississippi.
Déixaas
Deixaas é case un traballo de laboratorio sonoro. Unha experiencia que mestura pandeireta, sintetizadores, piano, voz,
sacho e sonidos reais da construcción do naval na procura de volúmenes sonoros que deixen espacios onde entrelazar
melodías e composiciós. Acolle tamén un diálogo sonoro entre a voz lírica levada a extremos e a voz cruda do cante popular.
O resultado é unha proposta poliédrica e minuciosa, profundamente política e emocional, que agocha, en cada un dos seus once temas, en cada compás, catro anos de intenso labor ao que Mercedes Peón suma todo o seu coñecemento
e experiencia.
Entradas
Non quedes sen a túa entrada
Co apoio de:

E a colaboración de:




